| ACRUGA | |
|
¿Quén somos? ![]() A Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (A.C.R.U.G.A.), é unha entidade colaboradora do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM, antigo MAPA) para a xestión do Libro Xenealógico e o Programa de Mellora da raza, en todo o Estado. Está incluída no Rexistro de Asociacións recoñecido pola Unión Europea, desenvolvendo baixo a súa responsabilidade a conservación, valoración e selección da raza, así como a difusión, promoción, fomento e expansión da mesma a nivel nacional e internacional. Dende o ano 1968 en que foi fundada, ven cumprindo estes fins, estando entre os obxectivos principais da Asociación conservar o patrimonio xenético herdado e melloralo canto se poida, adaptándose aos tempos, así como a defensa dos intereses dos seus asociados. Á bagaxe e probada capacidade de ACRUGA ao longo destes 40 anos da súa existencia débese gran parte do éxito da raza Rubia Galega e a súa expansión fóra de Galicia, tanto a nivel nacional, como internacional, fundamentalmente en Europa e Sudamérica. A concienciación dos gandeiros da importancia xenética do seu gando, é a clave do éxito da calidade dunha raza que goza de recoñecido prestixio en todo o mundo. O traballo coordinado de técnicos e gandeiros e o apoio das Administracións Públicas e demais entidades colaboradoras, fan posible que o gando de Rubia Galega convértase nunha raza moi competitiva no mundo da produción de carne de calidade. |